O Concello da Cañiza se suma á DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA FEMP con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ que se celebra hoxe, 28 de xuño.

Un texto que resalta o papel que xogan os Concellos como garantes da efectividade da estratexia na loita pola igualdade

"Os dereitos LGTBI son e serán sempre dereitos humanos.

En 1981, o Consello de Europa declaraba o dereito á autodeterminación sexual de homes e mulleres.

Con todo, corenta e dous anos despois, a investigación, as enquisas, os informes e a realidade mostran que a discriminación e o discurso de odio contra as persoas LGTBI e os crimes de odio motivados pola LGTBIfobia están a crecer en toda a UE e representan unha seria ameaza para o respecto dos dereitos fundamentais na UE.

E é que, a pesar dos avances alcanzados en materia de dereitos LGTBI, quedan moitas lagoas pendentes de ser abordadas polo poder lexislativo, especialmente no relativo á loita contra a discriminación por motivos de orientación sexual e identidade de xénero e ao recoñecemento e protección das persoas LGTBI vítimas de delitos.

O papel dos Gobernos Locais demostra, unha vez máis, que para ser eficientes e eficaces, debe adoptar un enfoque baseado na proximidade á realidade social priorizando os dereitos humanos e enmarcando calquera actuación nos principios de igualdade e non discriminación, participación, indivisibilidade, empoderamento e rendición de contas.

Somos, os Concellos garantes da efectividade dunha estratexia clara de loita pola igualdade e na defensa da convivencia cidadá e axentes esenciais insubstituíbles da protección dos dereitos e liberdades de toda a cidadanía e defensores da non discriminación, con independencia da raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

Por todo iso, os gobernos locais:

• Condenamos enerxicamente calquera discriminación contra as persoas LGTBI e os seus dereitos fundamentais, incluída a incitación ao odio,

• Lembramos a importancia de tomar medidas concretas para poñer fin á discriminación contra as persoas LGTBI,

• Manifestamos a nosa especial preocupación ante o repunte do discurso do odio e instamos as institucións e á sociedade civil a que intensifiquen o seu traballo sobre o intercambio de mellores prácticas e reforcen a súa cooperación na loita contra o racismo, a xenofobia, a homofobia, a transfobia e outras formas de intolerancia,

• Recoñecemos a importancia de recompilar datos de igualdade comparables e desagregados recompilados por territorios, que permitan medir o alcance total da desigualdade en España e formular políticas significativas para a aplicación do Dereito de igualdade da UE,

• Apoiamos todas aquelas accións locais, rexionais, nacionais e europeas que teñan por finalidade a promoción da igualdade, especialmente as dirixidas a loitar contra os estereotipos e a mellorar a aceptación social das persoas LGTBI;

• Recoñecemos o traballo das organizacións da sociedade civil que traballan polos dereitos das persoas LGTBI e o valor da colaboración coas Autoridades Locais para poñer fin a calquera discriminación existente e seguir impulsado unhas políticas públicas igualitarias e inclusivas".