O Concello e o Club Balonmán Cañiza asinan un novo convenio de colaboración para continuar traballando polo deporte neste 2025.

  • O Alcalde e o Presidente do Club asinaron o pasado venres o 4º convenio oficial cunha dotación de 1.666,67€ ao mes, o dereito de explotar o pavillón Carballo do Marco, sede actual do club, así como a garantía de gozar doutras vantaxes ao longo do ano para acadar financiación para o desenvolvemento das súas actividades.

Así se recolle no texto aprobado polo Pleno do 30 de xaneiro e rubricado o pasado venres 7 de febreiro, no Salón de Plenos do Concello entre o Alcalde e o Presidente do CBC, en presenza dunha amplia representación do balonmán Cañicense.

Un convenio que segundo manifestou o Alcalde “ten por obxecto a promoción do balonmán na Cañiza, tanto a nivel base como en alta competición, así como a promoción e divulgación da imaxe da Cañiza no exterior, con motivo da participación dos equipos do Club en competicións a nivel provincial, rexional e nacional”.

 

O Alcalde salientou o gran traballo « de canteira» desenvolvido polo Club

Neste acto Luis Piña volveu a felicitar ao club polo seu extraordinario traballo. “Sacrificio, disciplina e bo deporte son os valores que permiten que na Liga Regular 2024’ 2025  GRUPO A  da RFEBM contemos con dous equipos en Primeira División como é o caso do “Balonmán Saeplast Cañiza” que compite na categoría Masculina Primeira Nacional e o equipo “Oliveira & Faro Saeplast Cañiza”, que compite na categoría División Honor Plata feminina. Un exemplo que serve tamén de motivación para o desenvolvemento deste deporte entre os máis pequenos.

Ademáis esta competición permite proxectar a imaxe da Cañiza fora do noso Municipio.

Nesta ocasión o Alcalde tampouco se esquenceu de todos os xogadores que nestes últimos anos conseguiron destacar e que foron, e están sendo seleccionados na canteira do Cañiza para competir na selección galega.

A sinatura deste Convenio tamén supón un recoñecemento á traxectoria profesional do Club.

A sinatura deste convenio entre o Concello e o Club, ademáis dun apoio económico, supón un recoñecemento institucional aos seus valores, ao seu exemplo e á súa traxectoria e “singularmente aos homes e mulleres que conseguiron posicionar o Balonmán Cañiza como un dos mellores clubs de Galicia”.

Esforzo, tesón e éxitos deportivos que nos fan “a todos os cañicenses mellores”.

 

« Gran proxecto deportivo »

Na sinatura do pasado venres, o Alcalde animou aos responsables de dirixir este proxecto “a continuar traballando na mesma liña de SUPERACIÓN, DISCIPLINA e TRABALLO EN EQUIPO”.

“Todo un mérito conseguido polo club, polo equipo directivo, polos profesionais que forman parte do cadro técnico, polos pais e nais dos nenos e nenas e tamén polos afeccionados e seguidores do club, sen esquencer todas as empresas e patrocinadores que entre todos apostamos por este «GRAN PROXECTO DEPORTIVO»”.

Unha traxectoria que ten como resultado que o club sexa merecedor de importantes recoñecementos como o premio acadado o 29 de novembro de 2023, cando conseguiu o premio SUPERA 2023, concedido por Iberdrola, dotado con 50.000€ para a adquisición de máquinas para un ximnasio no pavillón. Un premio outorgado a 6 proxectos de entre 900 candidaturas presentadas. Un dos gañadores foi o CBC co proxecto «La fuerza del deporte femenino en el rural» .

 

O Concello investiu máis de 247.000,00€ nos últimos anos en reformas e melloras no pavillón da Cañiza, actual sede do CBC

Nesta ocasión tamén o Concello comprometeuse co balonmán construindo un ximnasio dentro do pavillón para acoller estas máquinas. Unha obra inaugurada o pasado 28 de setembro de 2024 e na que o concello investiu 77.081,55 € a través dos fondos que lle corresponden á Cañiza polo Plan territorial +Provincia 2024 da Deputación .

Unha cantidade que se suma aos máis de 170.000€ investidos en obras de reformas e melloras no pavillón da Cañiza, nestes últimos 5 anos e medio de Goberno da actual Alcaldía. “O Concello destinou 50.000€ para a mellora da cuberta e eliminación de humidades, 46.054,60€ para a reforma íntegra dun ala dos vestiarios e aseos, 25.000€ para a adquisición do videomarcador, aos que se sumaron outros 48.763,70€ da obra de reforma da 2º ala dos vestiarios. Tamén neste mandato conseguiuse poñer en funcionamento o sistema calefactor do Pavillón” recordou o Alcalde na súa intervención do pasado venres.

Un exemplo máis de aposta, apoio e compromiso do Equipo de Goberno Municipal co noso deporte e cos nosos deportistas, neste caso co Balonmán.

O Concello e o Club Balonman Cañiza asinan un novo convenio de colaboración para continuar traballando polo deporte neste 2025.

 

O Concello e o Club Balonman Cañiza asinan un novo convenio de colaboración para continuar traballando polo deporte neste 2025.

 

O Concello e o Club Balonman Cañiza asinan un novo convenio de colaboración para continuar traballando polo deporte neste 2025.

 

O Concello e o Club Balonman Cañiza asinan un novo convenio de colaboración para continuar traballando polo deporte neste 2025.