O Concello informa da apertura do prazo de inscrición para a realización de 3 cursos de formación dentro do programa «DA TÚA MAN» dirixido especialmente aos nosos comerciantes

A Deputación Provincial de Pontevedra, en colaboración co noso Concello, está a desenvolver unha serie de accións formativas, dentro do proxecto “DA TÚA MAN”, coa finalidade de apoiar o comercio local a través da obtención de ferramentas e a adquisición de habilidades dixitais así como a formación en packaging sostible como elemento diferenciador dos productos locais.

 As accións formativas son as seguintes:  

  • Competencias dixitais para comerciantes (25 horas. Online).
  • Habilidades dixitais para persoas consumidoras vulnerables- Xoves 29 de xuño de 10 a 12 h na Aula Cemit da Casa de cultura.
  • Deseño de novas embalaxes sostibles- Venres 30 de xuño de 10 a 13 h na Aula Cemit da Casa de cultura.

-FORMACIÓN GRATUÍTA

-INSCRÍBETE NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA CAÑIZA.Telef: 986 66 30 69 ou na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

Curso para aprender a dixitalizar o teu negocio

 

Curso para adquirir habilidades dixitais de cara a mellorar o comercio Online

 

Curso de deseño de packaging sostible