O Concello legaliza ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil todas as captacións, pozos e depósitos que abastecen á traída de augas do casco urbano

Segundo informou o Alcalde Luis Piña esta mañá “tras un longo expediente administrativo aberto no ano 2020, o Concello está na fase final de legalización de todas as augas de consumo humano que forman parte da Rede de Abastecemento da Cañiza”.

  • A legalización iniciouse en paralelo ante a Confederación Hidrográfica Miño- Sil e ante a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
  • Despois de case tres anos e medio de tramitación, o expediente está a punto de rematar, a falta de que dende Confederación se remitan as condicións que o Concello debe aceptar para a vixencia da concesión.

 

Segundo explicou o Alcalde Luis Piña está mañá, nos primeiros meses do ano 2020 o Concello iniciou o expediente para legalizar a concesión de todas as augas que abastecen ás vivendas do casco urbano, que non estaban autorizadas, nin rexistradas  ante o órgano competente, que neste caso é a Confederación Hidrográfica do Miño Sil.

O expediente tivo que iniciarse en paralelo ante a propia Confederación que é quen otorga  o uso e concesión das augas, pero tamén ante a Consellería de Sanidade que é a que emite o informe favorable de que todas as augas son aptas para o consumo e cumplen con todas as garantías organolépticas.

Sen o informe sanitario a Confederación non inicia o expediente de concesión e autorización.

Para solicitar o Informe Sanitario ante a Consellería, o Concello tivo que analizar todas as augas das captacións, mananciais, pozos de barrena e depósitos ( que en total suman 35 instalacións) cada 4 meses, durante un ano, de forma estacionalizada. Unha vez acadados todos os resultados analíticos favorables, achegouse ante a Consellería de Sanidade (ao Servizo de Control de Riscos Ambientais de Pontevedra)  a solicitude de emisión de informe sanitario, o día 17.06.2021.

Despois de varios requerimentos e emendas, a Consellería outorgou informe favorable con data do 20.04.2022. Informe que se remitiu á Confederación para continuar co expediente unha vez garantizada que as augas do abastecemento son aptas para o consumo humano.

O Concello legaliza ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil todas as captacións, pozos e depósitos que abastecen á traída de augas do casco urbano

 

 

O seguinte paso foi a xeoreferenciación e catalogación de todas as instalacións que forman a rede de abastecemento ( as captacións, pozos e depósitos) por parte dos técnicos da Confederación, xa que para este Organismo non existía ningún elemento hidráulico do Concello da Cañiza legalizado.

A continuación Confederación comunicou a Resolución favorable de concesión da autorización de captación e legalización das nosas augas.

Seguindo coa tramitación, o Organismo remitiu ao Concello e ao Boletín Oficial da Pontevedra o 27.06.2022 o expediente de información pública para que todas aquelas persoas que se consideraran afectadas por esta concesión, puideran presentar as alegacións pertinentes.

O BOP publicou o texto o 15 de xullo de 2022. Pasado o tempo das alegacións, o Concello informou da non presentación de reclamacións, continuando o expediente que actualmente se atopa en trámite de aprobación polo novo Plan Hidrolóxico que entrou en vigor en febreiro de este ano, quedando pendente a sinatura das condicións que deberá aceptar o Concello durante a vixencia da concesión.

Por primeira vez,  dende que se iniciou o servizo de abastecemento da traída de augas do núcleo urbano da Cañiza, hai máis de 50 anos,  a rede municipal está legalizada e autorizada pola Confederación Hidrográfica do Miño Sil.