O Concello reforza o servizo de limpeza de viais municipais coa adquisición dun novo brazo desbrozador

Capaz de alcanzar os 4 metros de lonxitude, este brazo é máis pequeno cos outros tres inventariados no parque de maquinaria,  pero mais manexable, menos pesado e máis axeitado para adaptarse e actuar nas pistas e camiños do Concello.

 

  • Este novo brazo ven a sumarse aos tres cos que xa conta o servizo de mantemento dos camiños e pistas municipais.
  • Cun investimento de 20.000€, contou cunha subvención da Deputación Provincial de 18.000€ a través da Liña 1 do Plan Concellos 2021. Para a súa adquisición o Concello aportou 2.000€ de fondos propios.

 

O Alcalde Luis Piña anunciou esta mañá que o parque móvil municipal dispón xa dun cuarto brazo desbrozador para o mantemento dos viais e camiños públicos. Un brazo máis pequeno, menos pesado e máis manexable pero con igual capacidade de actuación para a limpeza de cunetas xa que se adapta mellor ás dimensións dos nosos viais.

Este novo elemento desbrozador ven a reforzar o servizo de mantemento de viais municipais considerando que A Cañiza conta cun territorio cunha grande dispersión xeográfica e un elevado número de pistas e camiños públicos que hai que manter en óptimas condicións.

Por iso esta nova máquina ven a ser imprescindible para a execución dos traballos de limpeza e mantemento que unha vez ao ano é preciso realizar en todos estos viais. A súa operatividade será de gran valor sobre todo nas pistas máis estreitas.