O Concello sortea 30 noites de hotel no marco de celebración da «VII Tempada do Cocido Canicense»
Esta mañá celebrouse o sorteo de 30 noites de estancia para dúas persoas dentro da campaña de dinamización da hostalaría local.
A iniciativa arrancou coa apertura da VII Tempada do Cocido Canicense, presentada o 22 de outubro e desenvolvida ata o 1 de novembro. O obxectivo desta acción é apoiar á hostalaría local e poñer en valor un dos pratos estrela do municipio.
Durante os días da campaña, todas as persoas que consumiron unha ración de cocido nos establecementos adheridos (Os do Resero, Eido do Monte, Arela, Chiringuito da Avoa, Xatomé, Área de Servizo, Bar Piri Piri e O Noso Bar),recibiron unha rifa coa que participaron automaticamente no sorteo.
Os 30 agasallos consisten nunha noite de hotel con almorzo incluído para dúas persoas nalgún dos dous establecementos colaboradores desta edición, Finca Briabí e Casa Rural Vieiro, que se suman á iniciativa para reforzar a promoción da gastronomía e dos recursos turísticos da Caniza.
Segundo as bases da campaña, realizouse primeiro un sorteo individual por cada local participante, empregando os cupóns recollidos por cada establecemento. Posteriormente celebrouse un sorteo xeral no que se incluíron todos os billetes achegados polos locais.
As persoas premiadas serán contactadas mediante o número de teléfono facilitado nas rifas. Os números gañadores tamén estarán dispoñibles na web municipal e nas redes sociais oficiais.
Os premios deberán recollerse nas oficinas municipais (rúa Oriente, nº 11 – 1º andar) nun prazo dun mes, presentando a factura ou tícket da consumición, onde conste o concepto “cocido” e a data correspondente.
Os vales poderán utilizarse entre o 1 de decembro de 2026 e o 30 de marzo de 2027, agás durante o período da campaña de Nadal.
Tras o sorteo, o Alcalde, Luis Piña, lembrou que A Caniza está aberta todo o ano para quen queira gozar da súa gastronomía e que o cocido canicense e o xamón poden degustarse os 365 días nos restaurantes do municipio.
Parabéns ás persoas premiadas!