O Pleno do Concello celebrou esta mañá a súa 1ª sesión ordinaria do ano

Cunha orde do día que incluía entre outros asuntos a aprobación do 3º convenio de colaboración co Club Balonmán Cañiza por un importe de 20.000,00€ para financiar as actividades de 2024.

O Salón de Plenos acolleu esta mañá a celebración do 1º Pleno Ordinario do ano no que se adoptaron entre outros acordos a proposta para nomear xuiz de paz susbsituto e a prórroga do convenio do Club Balonmán Cañiza por un importe de 20.000,00€ a pagar en 12 cuotas de 1.666,67€ ao mes. O Convenio tamén contempla o dereito a utilizar e explotar o pavillón Carballo do Marco, instalación municipal na que entrenan todos os equipos do Clube e sede social do CBC. Ademáis se outorga ao Club o poder disfrutar doutros beneficios como instalar establecementos nos festexos locais para obter ganancias que lles permitan sufragar as tempadas deportivas, sen ter que aboar ningún tipo de taxa ao Concello.

Tras a aprobación do texto deste 3º convenio, que se formalizou por primeira vez o 21 de abril de 2022, o Alcalde Luis Piña e o Presidente do Club Marcos Estévez asinarán o Convenio o vindeiro 9 de febreiro.

O Alcalde volveu a poñer en valor o esforzo e constancia deste club xa veterano e a súa extraordinaria labor en prol da educación deportiva d@s nen@s e moz@s da Cañiza e tamén no eido da igualdade de xénero, recordando o recente premio recibido da man de Iberdrola SUPERA 2023 na categoría “Supera Competición”.  Un galardón recibido o pasado 29 de novembro que recoñeceu a labor desenvolvida polo clube como unha das mellores iniciativas postas en marcha en España a favor da igualdade de Xénero.

Continuando coa sesión do Pleno e despois de terse aprobadas as actas anteriores e rematar a parte de rogos e preguntas, baixo petición veciñal,  fixo unha intervención o Presidente da Asociación de Veciños Afectados da Rúa do Carme para explicar ante o Pleno a situación que están vivindo actualmente os veciños desta emblemática rúa da Cañiza. Unha situación derivada dos ruidos procedentes dun local comercial. Na súa intervención o representante da Asociación rogou ao Concello que adopte medidas ao respecto.