O Programa “Talento 45+” inicia hoxe na Cañiza o curso de Almacén

O Alcalde Luis Piña participou esta mañá na presentación desta acción formativa, destacando que “este programa forma parte do compromiso do Concello por apoiar proxectos que favorezan a inserción laboral e a mellora da cualificación profesional das persoas desempregadas”.

O curso, de 120 horas de duración, desenvolverase do 22 de setembro ao 28 de outubro de 2025 en horario de 9:00 a 14:00 horas nas aulas do Edificio Multiusos da Cañiza, agás dúas xornadas prácticas que se desenvolverán en Vigo.

 

Itinerario formativo:
  • Organización do almacén (30h): distribución de espazos, técnicas de almacenaxe e xestión de envíos.
  • Prevención de riscos laborais (60h): seguridade no traballo, incendios, electricidade, manipulación de materiais e axentes ambientais.
  • Manexo de maquinaria e seguridade:
    • Carretilla elevadora (teoría e prácticas nun circuíto real).
    • Transpalet eléctrico.
    • Manipulador de alimentos (inclúe formación en alérxenos e APPCC).

O curso está dirixido a persoas desempregadas de 45 a 60 anos, co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e ofrecerlles novas oportunidades laborais nun sector con alta demanda de persoal cualificado.

Esta acción formativa desenvólvese en colaboración coa Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa e co Grupo Ntfor, e conta co cofinanciamento do FSE+.

 

As Inscricións continúan abertas para o resto de cursos do programa (Microsoft 365 e Marketing en redes sociais):
  • Correo: …
  • Teléfono: 628 999 060