O tradicional Belen de Nadal xa se pode visitar na Casa Consistorial

Esta tarde inauguramos o Belén de Nadal. Unha composición deseñada e creada pola nosa veciña Marta Mariño, quen dende hai máis dunha década colabora co Concello nestas datas tan entrañables, cedendo e montando o seu Belén nas instalacións do Concello.

Un ano máis, o Alcalde Luis Piña, en nome de tod@s @s cañicenses, a felicitou e lle agradeceu o esforzo e traballo desenvolvido para a posta en escea desta pequena  gran composición de Nadal, de 1,5 metros de ancho por 7 metros de longo,  formada por máis de 300 pezas, grandes e pequenas, que comparte con todos nos.

Igual que en 2021, o Belén poderase visitar na antesala do Salón de Plenos da Casa  do Concello, no segundo andar,  en horario de oficinas  e ata despois da festividade de Reis.