Onte acompañamos en Ávila ao noso grande artista e Fillo Predilecto Diego De Giráldez na clausura dunha nova exposición de escultura e pintura

  • Nun acto presidido polo Alcalde da Cidade de Ávila, Jesús Manuel Sánchez Cabrera, no que tamén participou o Alcalde da Cañiza, Luis Piña e que foi un recoñecemento á vinculación que o noso pintor, escultor e anatomista ten coa cidade abulense dende hai  máis de tres décadas.
  • No acto tamén estivo presente o Concelleiro de Cultura da Cidade, Ángel Sánchez e a Concelleira de Goberno do Concello da Cañiza Paula Bacelar.

 

O Concello de Ávila clausurou onte a exposición “Esculturas e Etapas da súa Pintura”. Unha mostra que recolle cerca de medio centenar de obras a través das cales se permite observar a evolución da creatividade de Diego de Giraldez.

Esculturas, debuxos, acuarelas e pinturas realizadas en diferentes técnicas, conforman esta mostra a través da que se puido repasar as diferentes etapas da traxectoria de Diego de Giráldez. Dende unha primeira etapa ruralista ata o solo cor, pasando polo Realismo NAS creado polo noso artista ou o modelado da luz e o movemento.

O Alcalde da cidade, Jesús Manuel Sánchez Cabrera acompañado polo Alcalde da Cañiza, Luis Piña, clausuraron esta nova exposición que se puido ver dende inicios deste mes de marzo no Edificio do Episcopio do Concello de Ávila, emprazado no centro da cidade, ao carón da Catedral.

Para o Alcalde da Cañiza, “poder estar un ano máis acompañando ao noso recoñecido artista e Fillo Predilecto Diego de Giráldez, en Ávila, é máis que unha honra, é un privilexio”. “Un orgullo para o Concello da Cañiza poder contar cun embaixador como este prestixioso pintor, escultor, anatomista, veciño da Cañiza e recoñecido a nivel nacional e mesmo internacional en tantos museos e institucións”. “É o noso artista porque naceu na Cañiza, ainda que tamén está vinculado a Vigo e a Pontevedra”. 

Na súa intervención o Alcalde tamén agradeceu ao Alcalde da cidade a invitación para asistir á clausura da exposición.

Diego de Giráldez comezou a súa intervención afirmando «Tengo una relación muy íntima con esta provincia porque desde hace más de tres décadas llevo abriendo exposiciones en la Diputación, en el Ayuntamiento y en otros muchos municipios de la Provincia».

Continuou falando da súa paixón pola cidade de Ávila. «Cuando entras en Ávila y caminas por sus calles y miras sus estructuras amuralladas, te da la sensación de que alguien colocó una gran escultura y que tú puedes hacer uso de ella. Para mí esto tiene una importancia enorme y es una de las ciudades que más me gusta de toda España».

Como xa describiu noutras ocasións Diego de Giráldez a esta cidade, coa que mantén fortes vínculos afectivos "Ávila es una gran escultura arquitectónica con la que te puedes intercomunicar y con la que puedes viajar a siglos pasados”. 

A OBRA DE DIEGO DE GIRÁLDEZ

A súa obra expresa pensamentos que son pura simboloxía. «Hago una pintura entre  onírica y simbólica.  Es parte de las creaciones. Hay mucha simbología en mi obra. Trato de disgregar unos objetos sobre el plano como un efecto óptico y a la vez reflexivo, como si fuera una pintura que entrara dentro de la pintura literaria y filosófica. Una filosofía donde el individuo puede tener amplias reflexiones».