
Unha actividade deportiva para toda a familia onde destacou a participación dos máis pequenos que completaron o percorrido con saída e meta na rúa Oriente.
Durante aproximadamente unha hora pedalearon polas rúas da Cañiza e os arredores, nun circuito que non pasou dos 10 km.
O Concello agradece a colaboración dos integrantes do Clube Tumbada AS CATRO pola axuda prestada na organización da festa.
Agradecer tamén a todos os participantes e felicitar a Ismael Sendín, portador do nº 5, premiado coa bicicleta que sorteamos este ano.
Galería multimedia








