O ALCALDE RECIBE NO CONCELLO AOS OFICIAIS DA BRIGADA «GALICIA VII» ENCARGADOS DO OPERATIVO DESPREGADO NA CAÑIZA
Trátase dunha operación de reforzo para loitar e previr os incendios forestais, posta en marcha o pasado 15 de agosto e activa ata o vindeiro 30 de setembro
O Xefe de Zona, Capitán Braulio Noel Fernández, o Oficial de Enlace Teniente Julio César Mata Reyes e o soldado José Esteve Campello, da BRIGADA «GALICIA VII» de Pontevedra, informaron ao Alcalde sobre esta Operación, que agora cumpre 17 anos e que permanecerá activa ata o 30 de setembro, co despregamento inicial de 30 patrullas terrestres nas zonas da Galicia con maior actividade incendiaria.
Unha delas nas comarcas do Condado - Paradanta, cunha das sedes na Cañiza que integra todos os Concellos do Distrito XVII e o Concello de Melón, pertencente ao Distrito XI Ribeiro - Arenteiro.
Ademais das labores de vixiancia continua, os efectivos militares despregados están realizando unha importante acción de disuasión, visibilidade e identificación dos potenciais incendiarios. Tamén están informando á nosa poboación do perigo que supón a queima non controlada de rastroxos.
Na reunión desta mañá, o Alcalde agradeceu a “esencial labor que o Exército leva desenvolvendo nestes 17 anos na loita contra os incendios, corroborado polas estadísticas que marcan un importante descenso dos incendios nos nosos montes”.
Luis Piña, un ano máis, lle transmitiu aos oficiais “a vontade do consistorio de colaborar e traballar conxuntamente”.