Os alumnos de Taekwondo da Cañiza volven a conseguir novos triunfos na Copa Xunta de Técnica 2024 celebrada en Nigrán
- Ás 7 medallas conseguidas no campionato de 2023, súmanse outros 5 pódiums neste 2024 na Copa Xunta de Galicia de Técnica intantil e adulto, celebrada en Nigrán o pasado 24 de novembro.
- Conseguiron para A Cañiza 5 merecidas medallas: 1 de ouro, 2 de prata e 2 bronces
- O Alcalde reuniuse cos deportistas e co seu adestrador Fidel Rodríguez, nas instalacións do Ximnasio Municipal da Cañiza, para felicitalos polo gran traballo que están desenvolvendo en prol desta disciplina e polos éxitos acadados nas competicións provinciais e rexionais dos últimos anos.
Un ano máis volvemos a celebrar o éxito dos nosos deportistas taekwondistas, na nova edición da Copa Xunta de Galicia de Técnica na que participaron cerca de 550 deportistas galegos. Entre eles 12 competidores da Cañiza na categoría amateur (para as idades comprendidas 6 e 13 anos).
O Clube Asociado da Cañiza, afiliado ao KIAP de Vigo, conseguiu 5 medallas nas modalidades de amateur (nunha competición na que se reuniron os mellores deportistas das 4 provincias).
Novos premios para o Medalleiro
- 7 ANOS: Nerea Fernández Troncoso que conseguiu a MEDALLA DE OURO
- 6 ANOS: Daniel Ramos González que conseguiu a MEDALLA DE PRATA
- 10 ANOS: Carla Domínguez Paradas. MEDALLA DE BRONCE
- 11 ANOS: Marco Pérez Senín. MEDALLA DE PRATA
- 13 ANOS: Martín Lorenzo Vázquez: MEDALLA DE BRONCE
A Copa Xunta de Galicia de técnica (infantil e adultos) é un torneo que ten como obxectivo prioritario a promoción deste deporte, aínda que nos últimos anos inclúe a categoría competitiva, que outorga puntos para o ránking galego de técnica. Neste torneo participaron os deportistas que acadaron a clasificación nas fases provinciais, que se celebraron nos últimos meses.
Os 35 deportistas do Clube asociado da Cañiza, afiliado ao KIAP de Vigo, entrenan nas instalacións do ximnasio municipal, de luns a venres en horario de 16h a 18h e está coordinado polo entrenador nacional de taekwondo Fidel Rodríguez, traballador do Concello da Cañiza, adscrito ao servizo de deportes como monitor deportivo.
Para ampliar información sobre esta disciplina deportiva, podes dirixirte ao persoal do ximnasio da Cañiza.
Noraboa a todo o EQUIPO (alumn@s, profesorado e familias).