Pleno de Constitución da nova CORPORACIÓN MUNICIPAL da CAÑIZA e elección do ALCALDE: sábado, 17 de xuño de 2023, ás 12:00h.

O CONCELLO DA CAÑIZA INFORMA

Que o sábado, día 17 de xuño de 2023, celebrarase o PLENO de CONSTITUCIÓN DA NOVA CORPORACIÓN MUNICIPAL DA CAÑIZA E ELECCIÓN DO ALCALDE.

Nunha Sesión Extraordinaria, que terá lugar ás 12.00h. no Salón Noble de Plenos da Casa Consistorial.

Os asuntos a aprobar nesta Convocatoria Constitutiva son:

  • Constitución da Mesa de Idade
  • Comprobación de Credenciais e presentación das declaracións do Rexistro de Intereses, estado do arqueo e inventario municipal de bens.
  • Xuramento / Promesa d@s Concelleir@s.
  • Proclamación da constitución da Corporación
  • Elección do Alcalde
  • Xuramento / Promesa e toma de posesión do Alcalde.
Pleno de constitución da Nova Corporación Municipal da Cañiza e Elección do Alcalde. Sábado, 17 de xuño de 2023, ás 12h