Presentamos o «CALENDARIO 2024» do noso Concello

A mellor maneira de amar ao noso Pobo é traballar por El.

A mellor maneira de agradecer a confianza recibida é seguir traballando.

 

Son tempos difíciles os que nos tocan vivir, pero… cando non o foron?

É verdade que vimos de pasar crises moi duras. Vimos de superar unha pandemia descoñecida para as últimas xeracións, única no último século. Vimos de superar outra crise económica e de enerxía. Agora vivimos as guerras de Ucrania, Oriente Próximo…

Estas datas fannos pensar en cómo estamos e nas cousas que fixemos ata o de agora.

Estamos orgullosos de ter un mellor alumeado público, menos costoso e máis eficiente. Temos o subministro de auga que debemos ter e que continuaremos mellorando, temos unha boa recollida de lixo.  Hoxe falamos con todo o mundo, Madrid, Europa, Deputación, Xunta, Institucións.

Hoxe, cando o Concello precisa contratar algo, as empresas e os provedores nos atenden ben, saben que a nosa Institución cumpre e que fai ben as cousas.

Medimos cada céntimo porque sabemos o esforzo que supón.

Hoxe nos responden porque contan con garantías, antes perdidas. A Ponte das Achas, a Cidade das Grades, a Irmandade, a rede de sendeiros, os recunchos turísticos, a Carballeira do Cacharado, a Vía Mariana… temos moitas cousas no noso Concello das que sentirnos orgullosos.

Qué toca agora?

Seguir potenciando todo o que nos fai bos. Turismo, industria, comercio… e sempre, sempre, co obxectivo posto nos veciños e veciñas, nas familias, nos nosos maiores, e na xente nova. As cousas, sabémolo, saen se lle poñemos traballo, ilusión, e boa xestión.

Tal e como mencionei antes, chegan estas datas.

Chegan unhas datas nas que pensamos nos nosos seres queridos, en que estean ben, en poder compartir en familia e cos amigos momentos de amizade, de reencontro, de felicidade.  Estamos orgullosos do traballo feito, orgullosos do noso Pobo. E afrontamos o vindeiro ano, o 2024, con ilusión, esperanza, e forzas renovadas.

Seguiremos traballando coa maior profesionalidade e con toda a ilusión.

Moitas grazas. Felices festas. Bo Nadal, saúde e próspero 2024.

Luis Antonio Gómez Piña (Alcalde da Cañiza)