A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, inaugurou esta mañá xunto ao Alcalde Luis Piña as obras de rehabilitación da piscina climatizada da Cañiza

  • Unha necesaria e importante obra de rehabilitación enerxética cun investimento de 945.660,77€uros.
  • A reforma contou coa axuda da Deputación Provincial para o arranque das obras, a través de dous programas provinciais:  o ReacPon (Plan de inversión Reacciona Pontevedra) cunha axuda de 76.684,03€ e do Plan Concellos 2022-2023, cunha subvención de 28.830,28€.
  • O apoio da Deputación permitiu iniciar a rehabilitación deste proxecto que foi subvencionado tamén cunha importante axuda  de 727.678,69€ € do MITMA (Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana) a través do PIREP Línea 1 (Plan rehabilitación de edificios de titularidade pública), cantidades todas xa abonadas polas institucións.  O proxecto da Cañiza foi un dos 36 proxectos que o Goberno financia a través deste programa en toda Galicia (17  na provincia de Pontevedra).
  • O Concello aporta nesta rehabilitación un total de 112.467,77€ a través dun préstamo a 12 anos que foi concertado con ABANCA a finais do pasado ano.
  • O Alcalde anunciou  esta mañá que as instalacións abrirán nos vindeiros días, nunhas xornadas de portas abertas, e que a Xunta de Goberno aprobará en breve os novos prezos públicos que serán moi coidadosos e equilibrados, orientados a manter o servizo no tempo.

 

HOXE INAUGUROUSE UNHA PISCINA “RENOVADA”, “MODERNA” E  “SOSTIBLE”.

A piscina climatizada inaugurada en maio do ano 1995, pechou en marzo de 2020 obrigada polo Estado de Alarma decretado por mor da crise sanitaria da COVID-19.  Durante este tempo o Alcalde Luis Piña, cos datos de perdas acumuladas nos últimos 9 anos ( que ascendían a máis de 1.400.000€uros), tomou a decisión de non aperturala para acometer a súa reforma. Neste tempo se solicitaron varios estudos de viabilidade e sostibilidade e finalmente aprobouse o proxecto que hoxe se fai realidade, grazas tamén ao apoio da Deputación de Pontevedra e do Goberno de España.

Esta mañá a Presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o Alcalde da Cañiza inauguraron a reformada piscina climatizada. Unhas obras moi ambiciosas que suporán un antes e un despois para este edificio que en maio cumpre 28 anos. Unha reforma que será un referente para o ocio, a saúde e o deporte non so na Cañiza, senon tamén na Comarca e nos concellos limítrofes que durante décadas utilizaron os servizos desta instalación.

Nesta apertura tamén estiveron presentes os concelleiros da Corporación da Cañiza, o Deputado Héctor Santos, os directores da obra, arquitectos e aparelladores e o equipo da empresa constructora CIVIS GLOBAL e por suposto os xerentes e persoal da empresa de mantemento da instalación INSDEGA XXI e o propio persoal da piscina climatizada.

A obra permitiu adaptar a piscina ás novas realidades, baixar os consumos e prezos enerxéticos e optimitar e facer sostible a instalación e o servizo de forma que se poida garantir o seu futuro.  A reforma permitirá rebaixar os consumos enerxéticos nun 50%.

 

A OBRA DE REHABILITACIÓN PERMITIRÁ REDUCIR OS CONSUMOS ENERXÉTICOS NUN 50%.

A obra consistiu na reforma integral das dúas cubertas da piscina para mellorar a climatización da instalación. A substitución das caldeiras de gas-oil por outras de pellets para conseguir unha maior eficiencia enerxética. A eliminación da piscina pequena para construir neste espazo unha nova zona de usos polivalentes. O recheo do vaso grande da piscina que quedou a unha altura de 1.20 nos extremos e 1.30 no medio. A construcción dunha zona de benestar dotada dunha jacuzzi e dúas saunas. A renovación de todo o sistema de iluminación da entrada, salas múltiples, pasillos, vestiarios e duchas. Ademáis para arrancar a piscina foi preciso desenvolver varios traballos de acondicionamento nas bombas de climatización, nas bombas de calor xeotérmica,  limpeza de filtros e outras pequenas reparacións.

 

PARA A PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN CARMELA SILVA A NOVA PISCINA  “É O EXEMPLO DO TRABALLO BEN FEITO, QUE BENEFICIARÁ A TODA A COMARCA”

Na súa intervención a Presidenta Carmela Silva recordou que tempo atrás estivo visitando esta mesma instalación que hoxe non ten nada que ver co que existía. “Agora podremos desfrutar dunha piscina moderna, do século XXI, acolledora, no que se sente e se percibe o benestar, cuns materiais de alta calidade e acabados moi coidados”. E por todo isto felicitou á empresa constructora e ao director de obra “por un traballo extraordinario”.

Tamén felicitou aos empregados do Concello e aos responsables de mantemento da instalación por ser quen de rematar todos os traballos para que o servizo poida abrirse ao público nestes días.

Carmela Silva dirixiuse ao Alcalde Luis Piña para felicitalo pola boa decisión de reformar esta instalación. Quixo poñer en valor que no século XXI non so se precisa construir equipamentos fermosos senón tamén que respeten o medio ambiente e o Planeta, facendo referencia aos altos costes enerxéticos da piscina. Un aforro que no caso da piscina se materializa nun 50% menos de consumo en toda a instalación “que son palabras maiores” apuntou a Presidenta. E por isto solicitou un grande aplauso para o Alcalde e todo o seu equipo.

A Presidenta tamén aludiu á importante axuda conseguida da Deputación e sobre todo do Mitma, a través do Plan PIREP Liña 1, fondos da Unión Europea que están chegando a todo o territorio.

Rematou a súa intervención apostando que a nova piscina será un referente para toda a Comarca. Un exemplo de cómo se deben acometer as reformas.

 

O ALCALDE LUIS PIÑA ANUNCIOU QUE O CONCELLO INVESTIRÁ OUTROS 408.349,90€ PARA EXECUTAR NOVAS OBRAS QUE COMPLETARÁN O 100% DAS REFORMAS QUE NECESITABA A PISCINA.

A día de hoxe xa ten solicitadas novas axudas por un importe de 279.600,47€ para cambiar a carpinteria e cristales da entrada e para cambiar os sistemas de tratamento de augas, reforma interior dos vestiarios e reorganización da entrada. Ademáis está traballando para conseguir o resto da financiación de cara a que se teña que aportar de fondos propios o mínimo posible.

Esta mañá o Alcalde Luis Piña agradeceu o traballo de todas as institucións que impulsaron e promoveron esta extraordinaria reforma, como foi o caso da Deputación que “nos deu o primeiro impulso para arrancar as obras a través do REACPON e do Plan Concellos e mesmo axudándonos cunha subvención  de 6.655€ para contratar a unha empresa de asesoría técnica que nos permitiu solicitar a axuda do PIREP, dado a complexidade da tramitación”. Tamén felicitou e agradeceu ás empresas e aos empregados municipais pola súa implicación para que hoxe se poida inaugurar esta instalación reformada no 90% .

O Alcalde aproveitou este acto para anunciar un novo investimento na piscina por un importe de 408.349,90€ que permitirá completar a reforma da instalación case no 100%.  320.392,23€ destinados a obras de mellora de consumo enerxético da piscina, tratamento de augas, reducción e control de auga dos usuarios, reforma do interior dos vestiarios, substitución da carpintería das portas, instalación de tornos de acceso ao centro con reubicación da recepción e peche e protección dos cadros das instalacións.

Esta obra complétase con outra de 87.957,67€ para o cambio de todas as fiestras da piscina climatizada, instalando novas carpinterías de aluminio con rotura de ponte térmico e vidros baixo emisivos, modernos  e que permitirá mellorar e optimizar a estanqueidade interior e conservar a temperatura conseguida nesta primeira reforma.

O Concello solicitou para a primeira obra unha axuda á Xunta de Galicia de 200.000€ no marco das axudas de distribución do Fondo Adicional ao Fondo de Cooperación Local para Concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes da Vicepresidencia 2º.

Para a 2ª obra solicitou  tamén á Vicepresidencia 2ª da Xunta, unha subvención de 79.600,47 con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental da liña de concurrencia non competitiva a Concellos. Esta axuda lle corresponde ao Concello da Cañiza polo canon eólico.