AS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE XA CHEGARON A CAÑIZA

O Alcalde Luís Piña recibe aos Reis no noso Concello, no Salón Noble da Casa Consistorial e os acompañará no seu percorrido polas parroquias que comeza ás dúas da tarde.

Recorda que a Cabalgata será hoxe, mércores 4 de xaneiro, a partires das 18.30 h polas rúas do casco urbano.

CARROZAS REAIS

Este ano a nosa Cabalgata de Reis contará con tres Carrozas Reais, animación con batucada que amenizará cos seus tambores a nosa comitiva real; contaremos tamén coa presenza de catro elegantes zancudos, catro cabalos inchables, catro maniquís inchables e catro cabezóns inchables que coa súa iluminación darán colorido e vistosidade  á nosa cabalgata.   

As súas maxestades contarán coa axuda dos membros da empresa cañicense "Hípica Celta" para desempeñar as súas reais funcións.