O pasado martes 20 de xaneiro, o Alcalde Luis Piña, realizou unha visita ao alumnado do curso Análise da Información Dixital – Nivel Avanzado (FCOI12), que se está a desenvolver na Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza, no marco do proxecto DIXIGAL.
Durante o encontro, o Alcalde agradeceu o traballo que está a realizar a empresa formadora e felicitou ao alumnado pola súa disciplina, implicación e ganas de continuar formándose, destacando a importancia da formación continua para mellorar as competencias dixitais e a empregabilidade.
Así mesmo subliñou que este inicio de ano está marcado por unha ampla oferta de cursos de capacitación dixital no municipio, unha aposta que responde á alta demanda existente por parte dos veciños e veciñas da Cañiza, interesados en mellorar as súas habilidades no ámbito dixital.
O curso Análise da Información Dixital – Nivel Avanzado (FCOI12) impártese do 9 ao 26 de xaneiro de 2026, en horario de 9:00 a 14:00 horas, cunha duración total de 40 horas e en modalidade presencial. Esta formación está orientada á adquisición de competencias avanzadas na busca, xestión, análise e visualización da información e dos datos en contornas dixitais.
#DIXIGAL #CompetenciasDixitais #FormaciónGratuíta #NivelAvanzado #ACañiza #CeMIT