O Alcalde Luis Piña recibiu esta mañá no Concello ao alumnado de 2º de Educación Primaria do Centro Público Integrado, nunha visita educativa destinada a achegar ás nenas e nenos o funcionamento da administración local.
O grupo chegou á Casa Consistorial a media mañá, onde foi recibido polo Alcalde, quen lles fixo de anfitrión, amosándolles o edificio municipal e as súas dependencias, entre elas o Salón noble de Sesións Plenarias, onde recibiron unha explicación adaptada á súa idade sobre o funcionamento do Concello, así como dos servizos que presta á comunidade.
Os alumnos participaron formulando preguntas e amosando interese polo labor municipal.
Ao remate, o Alcalde lles entregou un agasallo como recordo da visita e agradeceu o interese do CPI por coñecer o funcionamento da municipalidade, así como o labor do profesorado, especialmente dos docentes organizadores desta saída educativa.