
Trátase dun cruceiro levantado no S.XIX que se pode ver no atrio da igrexa de Santa María, no medio doutras dúas cruces máis pequenas, formando un "calvario". É unha peza moi elaborada e con abundantes figuras alegóricas como a caveira da súa base, a escaleira, o martelo, as tenazas e a serpe do varal ou as figuras de Cristo, a Virxe María e o Apóstolo Santiago situados na cruz que a culmina.
Cultural