A casa esta situada nunha contorna rural que convida a gozar, tanto da gastronomía como de actividades ao aire libre.
Descanso e desconexión están garantidos, pero se tamén queres aventura e acción atopásela; por exemplo sendeirismo, por rutas bordeando regatos e descubrindo antigos muíños que no seu tempo moían a fariña de millo dos habitantes dos arredores.
Ancorado moi preto da casa está situado un centro de multiaventura.
Contacto (Propietario): Inma e Jose.
Nº rexistro Turismo VUT-PO-001976
Razóns para visitar a casa ( segundo os propietarios)
A casa da Miranda ten un valor sentimental, pois pasou de xeración en xeración e tivemos a oportunidade de darlle nova vida con moito agarimo e detalle para que se goce con total comodidade, pero conservando a arquitectura das casas tradicionais galegas.
O Mellor
Contorna que convida ao relax e ao descanso pois os únicos sons que rompen o silencio son os da natureza . A casa aínda que con poucos metros esta moi ben distribuída co cal o confort esta asegurado. Cunha cama articulada e os seus colchóns de biscoelástica fan que o descanso esté garantido. Práctica e funcional consta de dous baños completos: un con bañeira e o outro con ducha para cubrir todas as necesidades dos usuarios. Cociña moderna e totalmente equipada, que podería ser utilizada e facer as delicias de calquera Chef.
Características
- Exterior: xardín, horta, mobles de xardín.
- Interior: Colección de xogos, Lavadora, Microondas, Calefacción, Lavalouzas, Comedor, Cociña, Chimenea, Televisión, Sala de estar, Zona de aparcamento.
- Servizos: Admite animais, Cuna disponible, Documentación sobre a zona, WiFi gratis.
- Situación: Montaña, Acceso asfaltado, Aislada, Sinalización do acceso, Acceso en transporte público, Zona de baño interior (ríos, embalses, etc.).
Actividades
- Terra: Montañismo, Multiaventura, Rutas gastronómicas, Sendeirismo - trekking, Enoturismo.