Parroquia de A Cañiza

Carballeira del Cacharado de A Cañiza y escultura alegorica a la importancia del jamon en la Villa

A Cañiza:  situada no medio de todas as direccións. Ponte de todos os camiños.

Capital do municipio, conta cunha poboación que alcanza os 2.000 habitantes. Polo casco urbano discorre a estrada N-120. A apertura a finais do ano 1.998 da Autovía A- 52 Rías Baixas, colocou á vila nunha privilexiada situación ao contar con dous accesos directos. Un precisamente á altura do polígono industrial municipal e o segundo a escasos 600 metros do casco urbano.

Hoxe A Cañiza está a 2 horas e 30 minutos da Capital de España grazas a posta en marcha en 2022 do Ave Ourense - Madrid.

En canto á historia da Cañiza, esta parroquia, malia ser a titular da capitalidade do municipio, é a máis recente de todas as que integran a vila. O 9 de xullo de 1790, o Sr. Bispo de Tuy, D. Domingo Fernández Angulo converteu o barrio "As Canizas" en anejo de Sta. Cristina de Valeixe. Máis tarde a poboación da Cañiza pediu a autonomía parroquial, que conseguiron ao gañar un ruidoso preito no ano 1815.

A totalidade dos organismos oficiais e servizos administrativos teñen a súa sede e oficinas nesta parroquia. Este é o caso do ORAL, o servizo Emprego Galicia, o servizo de capacitación agraria e oficina veterinaria, o Xulgado de Paz, notaría, o CAISS (Centro de Asesoramiento e Información da Seguridade Social), o Cuartel da Garda Civil, Oficina de Correos e Edificio de Exposicións do Centro Comarcal A Paradanta.

 A Cañiza conta cun centro de saúde que ofrece servizos básicos de medicina xeral e pediatría e servizos de apoio de odontoloxía, farmacia, fisioterapia e traballo social. Ademais ofrece servizo de extracción periférica, aplicación informática de cita previa e servizo de urxencias.

A oferta educativa inclúe todos os niveis establecidos no ensino non universitario: infantil, primaria, secundaria obligatoria e secundaria post-obligatoria. Estes tramos están cubertos coa Escola Infantil Municipal, o Centro Público Integrado da Cañiza e Centro de ESO e o Instituto de Ensino Secundario da Cañiza.

Ademais, a parroquia conta con dúas farmacias, parada de taxis, área de servizo, un complexo cultural que acolle a piscina municipal climatizada, ximnasio e Casa de Cultura. Nesta última instalación están situados o Centro para a modernización e inclusión tecnolóxica (Aula CEMIT) onde se imparten cursos de novas tecnoloxías durante todo o ano. O edificio tamén alberga o Punto de Información Xuvenil, Aula de teatro, yoga, inglés, cursos de manualidades, clases de canto coral . O edificio conta tamén cun gran auditorio no que se dan cita todos os eventos musicais e culturais da vila.

O 27 de marzo de 2011 inaugurouse o novo Edificio Multiusos. Unha moderna edificación de tres plantas situada en pleno casco urbano que acolle a biblioteca municipal, o centro de formación ocupacional homologado e na súa planta baixa o Centro de Día para Maiores ANXO.

A Cañiza dispón tamén dun Centro Social na Praza de Oriente, preferentemente para maiores, no que se divirten e realizan as súas actividades os membros da Asociación de Pensionistas e Xubilados Santa Teresa da Cañiza. Está aberto todos os días do ano de 14h00 a 22h00. A él poden acceder todos os veciñ@s da Cañiza sempre que se respecten as normas do Centro e dando preferencia aos nosos maiores á hora de utilizar as instalacións.

Desde mediados de 2014 contamos cun Centro de Día privado: Centro de Día Anxo, emplazado na planta baixa do Edificio Multiusos na rúa Progreso 21.

Hai poucos anos que tamén se inaugurou a Residencia Xeriátrica Santa Teresa da Cañiza, de titularidade privada, dirixida pola Fundación San Rosendo e con capacidade para 138 persoas.

Na rúa Oriente aséntase a Casa Consistorial que ocupa baixo e dúas plantas. Na planta baixa atópanse as estancias de arquivos municipais, as oficinas da policía local,  Servizos Sociais e Orientación Laboral. Na primeira planta están as oficinas municipais, secretaría, urbanismo e Alcaldía e na planta segunda o salón de sesións plenarias.

Na zona coñecida como “Carballo do Marco”, sitúase a maior parte da oferta turística de verán: o camping municipal, as pistas de tenis, o pabellón polideportivo e a piscina ao aire libre das Grades, ademais de preciosos espazos naturais. No terreo deportivo dispón dun campo municipal de fútbol no lugar de O Vieiro e un estadio de herba artificial na zona das Augas Férreas.

Conta tamén con Cemiterio Municipal e cunha Planta de transferencia para recolleita de Residuos Sólidos Urbanos no que tamén se atopa o Punto Limpo. Nesta última instalación os veciñ@s da Cañiza poden depositar todos aqueles residuos que non se poden depositar nos contenedores de orgánico.

 

HISTORIA DA PARROQUIA:

En canto á historia da Cañiza, esta parroquia, malia ser a titular da capitalidade do municipio, é a máis recente de todas as que integran a vila. O 9 de xullo de 1790, o Sr. Bispo de Tuy, D. Domingo Fernández Angulo converteu o barrio "As Canizas" en anejo de Sta. Cristina de Valeixe. Máis tarde a poboación da Cañiza pediu a autonomía parroquial, que conseguiron ao gañar un ruidoso preito no ano 1815.

Os primeiros poboadores da Cañiza asentáronse no barrio da Calzada e foi aumentando progresivamente ata chegar á actual. En extensión é a máis pequena de todo o Concello. O seu núcleo de poboación sitúase en torno á estrada de Logroño- Vigo contando con tres barrios máis afastados. No ano 1903 se anexionaron a esta parroquia os barrios de Leboriz e a Botica, barrios que pertencían á parroquia de Achas. Tamén se uniu a zona alta do Cacharado que pertencía á parroquia de Oroso.

Entre os anos 1856 e 1884 foi construída a Igrexa Parroquial da Cañiza (a data que figura inscrita na torre da Igrexa (1902) pode levar a confusión xa que corresponde á construción de devandita torre e non á finalización da Igrexa). O templo consta de tres naves que lle aportan gran monumentalidade. O campanario é obra do famoso canteiro Xosé Martínez Cabrita (natural da parroquia cañicense de Petán), autor, ao mesmo tempo da torre da igrexa de Petán, do remate escultórico da fachada do Xulgado e dos numerosos cruceiros que adornan a localidade.

Parroquias