Persoal, oposicións
TITULACIÓNS SOLICITADAS PARA A CONTRATACIÓN PROGRAMA «EMPREGA NOS CONCELLOS», 2024-2025
ANUNCIO DE CONVOCATORIA
O Concello de A Cañiza presentou solicitude de subvención ante a Deputación de Pontevedra para a contratación de 2 persoas tituladas que cumpran os requisitos esixidos por medio das Bases e Convocatoria do Programa de Fomento da Empregabilidade na Provincia de Pontevedra “EMPREGA NOS CONCELLOS” , publicada no BOPPO nº159 de data 16 de agosto de 2024.
Tal e como dispón a normativa de referencia, os/as candidatas interesadas en participar no procedemento de selección, deberán ser remitidas como consecuencia do resultado da oferta de emprego emitida polo Concello de A Cañiza, e tramitada na oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia sita no Termo Municipal.
Por medio deste Proxecto, se solicitou a subvención para a contratación de:
— 1 persoa con titulación universitaria en Dereito.
— 1 persoa con titulación universitaria en Administración e Dirección de Empresas.
O procedemento de selección se iniciará unha vez se reciba a Resolución positiva concedente da axuda.
As bases do procedemento poderán consultarse, unha vez se inicie o procedemento de selección, no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial do Concello e no taboleiro de anuncios da páxina WEB oficial do Concello da Cañiza, sito na sede electrónica https://caniza.sedelectronica.es.