O Concello inicia o expediente de solicitude de subvención para a contratación de 3 socorristas durante 3 meses a xornada completa

Emprego

O Concello presentou unha solicitude de subvención, ante a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, para a contratación de 3 traballadores desempregados para  a ocupación de "persoal socorrista en piscinas públicas", por medio da Orde de Subvención para o fomento do emprego e mellora da Empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais  2023, publicada no DOG nº 56 do 21 de marzo de 2023.

Tal e como dispón a normativa de referencia, @s candidat@s interesad@s en participar neste procedemento de selección, deberán ser remitid@s como consecuencia da oferta de emprego emitida polo Concello da Cañiza e tramitada na Oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia, con sede na Cañiza.

O procedemento de selección deste persoal, se iniciará, toda vez que o Concello reciba a Resolución positiva da subvención de referencia e o persoal será contratado conforme ás características establecidas na mesma.

As Bases específicas poderán consultarse unha vez se inicie o procedemento de selección, no taboleiro de anuncios e sede electrónica do Concello, no enderezo https://caniza.sedelectronica.es