Actividades
Organizada polo Concello
Debido ao volume de inscricións realizadas para poder asistir a excursión organizada o pasado 19 de outubro, quedando en lista de espera 34 persoas:
O Concello organiza unha 2ª Excursión a AMARANTE e GUIMARAES (Portugal) o día 16 de novembro de 2024, sábado.
Abrimos o prazo de inscrición o martes 5 de novembro, ás 10h, nas oficinas da Biblioteca Municipal (Rúa Progreso, 21).
- A inscrición será presencial. O máximo permitido de anotación por persoa será de 4 viaxeiros.
- O prazo de anotación estará aberto ata o día 12 de novembro incluído.
- Antes do día 12, as persoas inscritas deberán abonar o importe da viaxe na conta do Concello na entidade bancaria ABANCA.
- Prezo por persoa: 49 €uros: están incluídos viaxe en autocar gran turismo con guía acompañante, seguro de viaxe e a comida.
AVISO: quedan 19 prazas libres
- Esta excursión solo poderá organizarse cun mínimo de 45 persoas.
- A capacidade do autobús permite a inscrición de 53 persoas.
- Na actualidade xa están inscritos 34 veciños procedentes da lista de espera da excursión celebrada o 19 de outubro.
- Polo que quedan libres 19 prazas.
Cañicenses en Ruta
Planificación da Viaxe.
- O día 16 de novembro de 2024 (sábado), con saída dende A Cañiza e visita aos lugares máis emblemáticos de AMARANTE . Localidade entrañable que se caracteriza polas súas casas con balcóns, os seus serpenteantes camiños e os viñedos que o rodean. Destacan a Ponte de São Gonçalo, a Igrexa de São Domingos, a igrexa e o mosteiro de São Gonçalo co Museo Amadeo de Souza-Cardoso, a Igrexa de São Pedro e o Solar dous Magalhães.
- Despois da comida, visitaremos GUIMARAES. Cidade da Idade Medida, coñecida como "O Berce de Portugal" que aínda conserva o castelo e a igrexa románica de San Miguel, do século XII.
- Á hora acordada, inicio da viaxe de regreso á Cañiza
Nota: é recomendable que os viaxeiros estén en posesión da Tarxeta Sanitaria Comunitaria que se pode solicitar no CAISS da Cañiza ou online a través do enlace: https://www.seg-social.es/wps/portal/wss/internet/Trabajadores/PrestacionesPensionesTrabajadores/10938/11566/1761#128573