AEROMODELISMO. Campionato Galego na especialidade «F3Q»

Data
to
Location
no campo de voo do Pastizal en Fontefría
Organiser
CLUBE VUELO A VELA FONTEFRÍA
Actividades

Campionato galego F3Q-2023 Veleros remolcados por avión a motor, organizado polo club Vuelo a Vela Fontefría por delegación da Federación Aeronáutica Gallega - FAG ( proba incluida no calendario oficial da actual temporada 2023 ).

Mecánica do campionato - programa

Tentouse facilitar ao máximo as cousas,conseguindo establecer unha mecánica de participación na que a adrenalina é substituída de forma contundente polas endorfinas.
Esta mecánica xa se utilizou en anteriores campionatos galegos organizados no seo do club Furaventos.

  • Para os voos do campionato estableceuse unha xanela temporal comprendida entre as 13:00 horas e as 19:00 horas do sábado 26 e entre as 10:00 e as 14:00 do domingo 27 .
  • Dentro desta xanela cada piloto participante no campionato deberá realizar catro voos puntuables.
  • En cada voo de campionato o planeador é remolcado mediante un avión a motor facilitado pola organización.
  • Unha vez en altura, o planeador se desengancha do cabo de remolque. 
  • Desde este momento o veleiro debe realizar un voo de 10 minutos (600 s) exactos. Cada segundo de exceso ou defecto respecto aos 600 s resta puntos.
  • O final do voo determínao  a manobra de aterraxe, co contacto do planeador co chan.
  • Esta manobra de aterraxe é de precisión, puntuando a distancia mínima a un punto marcado no terreo.
  • Das catro mangas a realizar eliminarase a de peor puntuación.
Horario

Durante todo o fin de semana do 26 e 27 de agosto.

Qué é o Voo a Vela ou Voo sen motor

O VOO SEN MOTOR ou VOO A VELA é o voo que se realiza sen propulsión mecánica algunha, aproveitándose as correntes de aire ascendentes e as propias capacidades planadoras dos avións.

Loxicamente, para poñer a un planeador en voo é preciso recorrer a medios auxiliares de remolque.

O remolque, tanto en aviación tripulada como en aeromodelismo realízase mediante un torno mecánico (especialidade F3B), por un avión a motor (especialidade F3Q) ou ben mediante un motor auxiliar no propio planeador que é utilizado unicamente para tomar altura, non volvéndose a utilizar en todo o resto do voo (especialidade F3J). 

Nas xornadas do 26 e 27 de agosto celebramos o Campionato Galego na especialidade de F3Q.

Os planeadores para a especialidade de F3Q e F3Q-acro son os de maior tamaño e peso. As envergaduras dos avións máis comúns para esta especialidade oscila entre os 3,50 m e os 6 m, con masas entre 4 kg e 15 kg, véndose en moitos campos de voo avións que chegan aos 8 m de envergadura e ata 25 kg de masa.

Os remolcadores utilizados para poñer en voo estes planeadores teñen unha envergadura entre 2,5 m. e 3,5 m. metros con pesos entre o 10 kg e 25 kg e están motorizados con motores de gasolina
entre 50 cc. e 200 cc. Na especialidade F3Q os veleiros son remolcados ata unha altura de 200 m debendo permanecer en voo un tempo de 10 minutos seguido dunha aterraxe de precisión.

A especialidade F3Q impón respecto a moitos deportistas. Hai que ter os avións moi postos a punto, pero non só é isto, senón que hai que fiarse de que os remolcadores e os seus pilotos tamén cumpran esta esixencia.
 

 

O Campionato desenvolverase no Campo de Voo do Pastizal, en Fontefría

Situado no alto de Fontefría, na parroquia de Achas do Concello da Cañiza, nas proximidades do Toro de Osborne –motivo polo cal se inclúe a súa silueta no anagrama do club-.

Aínda que non é un terreo natural, debido a que se trata dun chan modificado artificialmente na década dos 70-80 para convertelo en pasteiro, no que se introduciron gramíneas foráneas
para forraxe de gando e piñeiros madeireiros, o resultado final é un extenso pasteiro idóneo para a práctica deportiva do aeromodelismo.

Neste lugar vén realizando desde o ano 2011, de forma continuada, a actividade deportiva obxecto do club: o voo a vela radio-control, tanto na faceta competitiva como adestramentos e voo de recreo.
 

 

Croquis acceso al Campo de Vuelo de o Pastizal en Fontefría