Andaina "Verán de Lecer 2024", polo sendeiro do RIBADIL. 15 de setembro de 2024

Data
to
Location
Parroquia do Couto
Organiser
Concello da Cañiza. Verán de Lecer 2024
Actividades

SENDEIRO RÍO RIBADIL: “REDE NATURA”

Trátase dun sendeiro circular de 7,07 km, apto para camiñar toda a familia en pouco máis de dúas horas.

É recomendable pre inscribirse nas oficinas da Biblioteca Municipal, chamando ao número 986 66 30 69.

Está incluído dentro da Rede Natura 2000, en 2 km de lonxitude. Un espazo natural protexido de alto valor ecolóxico a nivel europeo polas especies e hábitats que conviven nesta zona única.

En 2021 se desenvolveron importantes traballos de roza e desbroce de todo o sendeiro, construción de refuxios de madeira con mapas interactivos, marcas de pintura, sinais e balizas que permiten continuar o percorrido. Cun investimento de 15.350 €uros, contou cunha axuda para esta actuación de 12.685,95 € da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia (PDR), cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

No mes de marzo de 2023, rematouse unha nova actuación que completou as melloras de acondicionamento desenvolvidas en 2021: a construción dun novo miradoiro. Unha actuación subvencionada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente da Xunta, con fondos (FEADER).

Este sendeiro invita tamén a coñecer parte do camiño dos arrieiros do viño que xa no século XVIII, a través da ponte medieval de Noceifas, conectaba as zonas de Crecente, Arbo e Valeixe e o Ribeiro.

#sendeirosdacañiza

#SENDEIRODORIBADIL

 

 

Horario

Saída a partires das 9h da mañá dende o panel informativo (caseta do Couto).