Anunciamos un novo "Programa de Apoio a Mulleres" no ambito rural e urbano

Data
to
Location
A Cañiza
Organiser
Financiado polo Servizo de Emprego Estatal e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con Fondos Europeos
Formación

DIRIXIDO a:

  • Mulleres desempregadas inscritas como demandantes de emprego en municipios de 5.000 habitantes con necesidades de cualificación ou recualificación formativa ou profesional.
  • Mulleres de calquera idade, non cualificada.
  • Mulleres cualificadas: certificado profesionalidade, ESO, título de formación profesional de grado medio ou superior ou titulación universitaria e que non traballaran no último ano no ámbito dos estudos da formación realizada.

 

Data límite para inscribirse: 12 de febreiro de 2024. Preme neste enlace para acceder ao FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 BOLSA DE ASISTENCIA:

Cada muller recibirá un incentivo de 400 €uros por participar no programa

ACCIÓNS A DESENVOLVER:

  • Prospección de empresas no seu ámbito xeográfico e prospección de ofertas laboráis.
  • Acceso ao boletín de ofertas de emprego especializado no programa de mulleres urbanas e rurais.
  • Diagnóstico de empregabilidade para identificar habilidades, competencias, formación e experiencia, realizando unha entrevista previa presencial ou telemática.
  • Deseño dun itinerario persoalizado de inserción e sinatura de acordo persoal de compromiso de participación no programa.
  • Seguemento e acompañamento no itinerario persoalizado, no relacionados coa mellora da empregabilidade, así como os de inicio á incorporación laboral.

FORMACIÓN TRANSVERSAL.

  • Alfabetización informática: informática e internet
  • Formación en competencias persoais para o emprego.

FORMACIÓN VERDE:

  • Ecoturismo
  • Agricultura ecolóxica
  • Teleasistencia
  • Teletraballo: traballo eficaz dende o fogar

FORMACIÓN DIXITAL:

  • Competencias dixitáis básicas
  • Técnicas administrativas
  • Cómo crear a túa propia tenda virtual
  • Desenvolvemento web desde cero
  • Xestión de contidos dixitais.

FORMACIÓN SANITARIA:

  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes.

COMPROMISOS DAS USUARIAS:

Asistir ás sesións de orientación, participar nos obradoiros e actividades formativas e realizar cuestionarios de avaliación tras cada acción na que participan.