Aulas preparatorias CELGA 1, 2, 3 e 4

Data
to
Location
Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Formación

CURSOS DE FORMACIÓN 2023-2024- CASA DE CULTURA DA CAÑIZA

Preparación das probas Celga

TODOS OS XOVES DE 17 A 19 H

1º ANDAR DA CASA DE CULTURA DA CAÑIZA

O CELGA (Certificado de Estudos de Lingua Galega) é unha proba de avaliación do idioma galego.

Constitúe a proba de certificación adaptada ao Marco Común de Referencia para as linguas e é un requisito imprescindible se queres optar a un posto de traballo en calquera das administracións públicas galegas

O Concello da Cañiza, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, prepárate para a realización destas probas, convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A seguinte convocatoria (CELGA 2, 3 e 4) está fixada para finais de novembro ou comezo de decembro en Santiago de Compostela.

As aulas de preparación, por parte do noso concello, son totalmente de balde e desenvólvense todos os xoves de 17 a 19 h no 1º Andar da Casa de Cultura da Cañiza.

 

Aquí deixamos o enlace ao DOGA do 4 de setembro de 2023 (DOG Núm. 167) na que podes ampliar información sobre a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230904/AnuncioG0655-080823-0001_es.html

Horario

Comezo das clases o xoves 28 de setembro, de 17h a 19h durante todo o curso escolar.