Charla sobre o «AUTOCOIDADO»

Data
to
Location
Edificio Multiusos. Rúa Progreso, nº 21
Organiser
Concello da Cañiza
Formación
  • Claves para un envellecemento activo na muller maior do rural
  • Pautas para as coidadoras informais

O Concello convídate a asistir a esta charla formativa organizada dende a Unidade de Prevención de drogodependencias e outras Condutas Aditivas creada en xaneiro de 2023 polos concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Melón, subvencionada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e xestionada polo Concello da Cañiza como promotor.

Unha charla que forma parte do programa "En Familia TODAS CONTAN", un dos 6 programas que integran o proxecto deste servizo de prevención municipal.

A formación estará impartida por Estela Pereira, Psicóloga do Proxecto MAS e EVD Galicia e Sandra Lage, Educadora Social do Proxecto MAS e EVD Galicia.

MAS ( Mantente Activo e Saludable) é un programa promovido por EVD Galicia- Crecente que ten como obxectivo potenciar un envellecemento positivo e hábitos de vida saudables tanto a nivel cognitivo, como emocional e social na poboación maior de 55 anos da nosa contorna. @proyecto_mas_

 

 

Horario

O xoves, 21 de marzo de 2024, de 17h a 18h no Edificio Multiusos do Concello da Cañiza ( rúa Progreso, nº 21)