COMPETENCIAS CLAVE 2023 - 2024

Data
to
Location
Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Formación

Para acceder ás accións formativas dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, co fin de cursar con aproveitamento esta formación, o alumnado deberá estar en posesión, antes de iniciar o curso, de determinados requisitos formativos ou profesionais, ou senón ter as competencias clave necesarias.

Con carácter xeral, para cursar un certificado de profesionalidade requírese:

  • para os niveis de cualificación 2 e 3:
  • para o nivel de cualificación 1 non se necesita dispoñer de ningún requisito

Que son as competencias clave?

Todas aquelas persoas que non posúan estes requisitos formativos ou profesionais poderán acceder igualmente aos certificados de profesionalidade se acreditan que teñen as competencias clave.

Así pois, as competencias clave son un conxunto de capacidades e contidos xerais ou básicos que aseguren a formación mínima necesaria para cursar con aproveitamento os módulos dos certificados de profesionalidade, co fin último de fomentar a calidade e a integración da formación profesional para o emprego.

As competencias clave poden ser:

  • de nivel 2, para acceder a cursos de certificados de profesionalidade de nivel 2
  • de nivel 3, para acceder a cursos de certificados de profesionalidade de nivel 3

Cales son as competencias clave?

  • Competencia matemática
  • Comunicación en lingua galega 
  • Comunicación en lingua castelá 
  • Comunicación en linguas estranxeiras (inglés)

 

O inglés só se require para aqueles certificados que inclúan un módulo de lingua estranxeira (ver os certificados de profesionalidade que esixen idioma).

No anexo I da Orde do 7 de xaneiro de 2014 que regula estas competencias clave, pódese consultar o Nivel de exixencia formativo para cada competencia clave.

Como se poden conseguir as competencias clave?

Establécense dúas posibilidades:

  1. Realizar os cursos de formación para o emprego das competencias clave correspondentes
  2. Realizar as probas das competencias clave correspondentes

 

Competencias Clave 2023
Horario

A partires do mes de novembro. 

Os martes, en horario de 10.00h a 12.00h nas aulas da Casa de Cultura.