Concerto de Música Clásica

Data
to
Location
Igrexa Parroquial Santa Cristina de Valeixe
Organiser
Concello da Cañiza
Concerto

CUARTETO NOVECENTO

“Unha proposta distinta e diferenciada que completa o panorama musical camerístico desde Santiago de Compostela “

O Cuarteto Novecento ofrece algo máis que un repertorio habitual.

Catro músicos chegados de distintos recunchos de Europa atópanse en Santiago de Compostela. Violinista Ildikó Oltai, violinista Irina Gruia, violista Ioana Ciobotaru e violoncellista Millán Abeledo.

Todos eles membros da orquestra Real Filharmonía de Galicia, deciden unirse e formar un cuarteto de corda estable.

  • Céntrase na música escrita a finais do Impresionismo para abarcar todo o século XX.
  • Música descoñecida ou pouco coñecida pero sempre divertida, sempre sensible e sempre orixinal.
  • Nos seus recitais, cada obra representa un país, unha cultura e unha filosofía musical chea de contrastes dispostos a emocionar e satisfacer a sensibilidade do seu público.
  • O primeiro concerto do Cuarteto Novecento celebrouse en xuño de 2016 no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela con obras de Turina, Britten, Shostakovich e Bartók.
  • Cabe destacar a participación en diferentes programaciones de música de cámara da Universidad de Santiago de Compostela, Sociedad Filarmónica de Vigo, Ciclo de Música Religiosa de Barcia de Mera, Sociedad Filarmónica de Rías Baixas, Sociedad Filarmónica de Monforte de Lemos, Sociedad Filarmónica de Pontevedra, Festival de Arpa de Noia, Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, entre outros.
  • No 2018 colaborou no disco “Fios de ouro no ár” do músico galego Rodrigo Romaní.
  • O mesmo ano promoveu o ciclo “Mujeres Compositoras” coa Universidade de Santiago de Compostela.
  • Por encarga do Concello de Betanzos estreou o Cuarteto de Cordas nº11 do compositor galego Carlos López García-Picos.
Concerto de Música Clásica

 

 

REPERTORIO

Paseo pola Europa do século XX
Béla Bartók: Cuarteto de cuerda nº2
Benjamin Britten: 3 Divertimenti
Dimitri Shostakovich: 2 Pieces (Elegy and Polka)
Joaquin Turina: La oración del torero
Frank Bridge: Novelletten
Samuel Barber: Adagio del Cuarteto op.11
Hindemith: Minimax (parodia musical)
Radu Paladi: Cuarteto nº1
Giacomo Puccini: Crisantemi
Einojuhani Rautavaara: Quartettino
Arvo Pärt: Psalom

Grandes compositoras do século XX
Germaine Tailleferre: Cuarteto en 3 movimmientos
Susan Spain-Dunk: Phantasy in d-minor
Rebecca Clarke: Two movement for String Quartet
Teresa Carreño: Cuarteto de cuerda

Compositores galegos
Juan Durán: Cuarteto de corda
Marcial de Adalid: Cuarteto de corda
José Arriola: Cuarteto de corda
Carlos López Gracía – Picos: Cuarteto de cordas nº11

Do Maestro ao Discípulo
Gabriel Fauré: Quinteto con piano nº2 op.115
Maurice Ravel: Cuarteto de cuerda en Fa maior
***
Alberto Ginastera: Cuarteto de cuerda nº1 op.20
Astor Piazzola: Cuatro estaciones porteñas

Obras con colaboración de solistas
Claude Debussy: Danses sacrée et profane pour harp et quatour
Caplet: Conte Fantastique pour harp et quatour
Marcel Tournier: Féerie pour harp et quatour

Horario

O sábado 22 de xuño, ás 20h na Igrexa Parroquial de Valeixe