Curso de asistente persoal no rural

Data
to
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Formación

O Concello da Cañiza ofrece un curso gratuíto de Asistente persoal no medio rural

Aulas os martes, mércores e venres de 16 a 20 h.

Comezo do curso o venres 1 de marzo. Total: 50 horas

Obxectivo do curso:

  • -Dar unha asistencia integral @ usuari@
  • -Axudarlle nas súas tarefas diarias.
  • -Coñecer máis sobre a atención integral no domicilio.

Programa:

  • Módulo 1. Filosofía de vida independente. Proxecto de vida.
  • Módulo 2. Asistencia persoal, características e metodoloxía.
  • Módulo 3. Introdución ao modelo de atención integral e centrada na persoa.
  • Módulo 4.  Estratexias e metodoloxía para a atención personalizada.
  • Módulo 5. Habilidades sociais e comunicación interpersoal.
  • Módulo 6. Confidencialidade, segredo profesional, legalidade e ética no exercicio da asistencia persoal.
  • Módulo 7. Fudamento xurídico e legal da figura do asistente persoal.
  • Módulo 8. Coidado de saúde: primeiros auxilios e prevención.
  • Módulo 9. Actividade da vida diaria e produtos de apoio.
  • Módulo 10. Plan de vida. Intervención.
  • Avaliación final

Información e inscrición:  Biblioteca Municipal /Telef: 986 66 30 69

Prazas limitadas!