O COncello anuncia a impartición o luns 18 de marzo, dunha nova charla no CPI da Cañiza dirixida ás familias, sobre a necesidade de establecer normas e límites nos nenos e adolescentes para a prevención de condutas aditivas.
A Asociación Érguete é a encargada de ofrecer a formación que se desenvolverá ás 16.30h no Centro de Primaria do CPI da Cañiza.
A charla está enmarcada dentro do programa “MÁIS QUE UN TEITO” da Unidade de Prevención de drogodependencias e outras Condutas Aditivas no eido local, creada en xaneiro de 2023 e que prestan conxuntamente os Concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Melón, subvencionado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Esta nova formación ven a sumarse á charla impartida o pasado 4 de marzo no CPI, tamén para as familias, sobre o impacto das redes sociais e os videoxogos n@s nos@s nen@s.
Este importante Servizo entrou en funcionamento para encarar un dos maiores problemas da sociedade no ámbito da saúde e no ámbito social: o consumo e abuso de drogas e outras adicións.
O proxecto está dirixido á comunidade en Xeral, con especial atención á poboación adolescente e ás súas familias e parte das actuacións estanse desenvolvendo nos centros educativos dos Concellos, principalmente entre o alumnado de primaria e secundaria.
As actividades do programa xiran entorno a campañas de sensibilización e información sobre os riscos asociados ao consumo de substancias e outras conductas adictivas.
Luns, 18 de marzo de 2024, ás 16:30h, no Centro de Primaria do CPI da Cañiza