«O tempo de frío é tempo de cocido»
Son moitos os padais que xa coñecen o cocido cañicense, pero promovido polo Concello, os hostaleiros da Cañiza organizan esta nova tempada, esmerándose en cociñar este prato tradicional preparado con chourizo de cebola e de carne, fuciño, rabo, orella, cacheira, lacón, touciño e costela de porco completado con pito, carne de vacún, patacas, fabas, garavanzos, cenorias e verdura ou repolo. Todo iso acompañado con pan rústico e pan de millo ou “Bica” e regado polos extraordinarios caldos brancos e tintos, a gusto do cliente, da denominación de orixe Rías Baixas, tamén da Cañiza, das adegas Eido da Fonte, Abelán e Cavadas do Val.
Antes ou despois deste prato ofrecerase un caldo servido en tazón. E como en toda boa comida, non pode faltar a sobremesa. Arroz con leite ou leite frita e café.
O Alcalde agradeceu a implicación dos restaurantes e das adegas que xa están traballando xa para que esta nova tempada poida saldarse con éxito, calidade e participación e anunciou os restaurantes nos que xa se pode degustar este menú.
O Concello recomenda chamar por teléfono para reservar.
Os prezos non están unificados xa que cada local ofrece variantes e formas distintas de servilo.
Establecementos hostaleiros para degustar o Cocido
- Os do Resero 986652431
- Area CID 986652369
- Eligio 986651047
- Pirri- ELI 986156247
- Piri Piri 609325332
- Restaurante Arela 608727766
- Eido do Monte 607812201
- Chiringuito da Avoa 986651399
- Finca Briabí 684230928
- Casa Xatomé 886216744