Formación
Presentamos o programa XUNTA-TI 2023-2025 dirixido a persoas estranxeiras ou de orixe estranxeiro con ou sen NIE, basado en actuacións de Servizos Sociais, Comunitarios e Inclusión Social, Emprego e Formación.
Un programa que abrangue as seguintes accións:
- Orientacións individualizadas
- Intermediación e prospección empresarial
- Formación
- Prácticas Non laborais en empresa
- Outras prácticas relacionadas
- e seguemento da inserción.
Se cumples algún destes requisitos e estás interesado en coñecer máis polo miudo este Programa, ponte en contacto con ACCIÓN LABORAL VIGO a través do teléfono 684 464 997.
Para inscribirte podes utilizar os seguintes medios:
- Chamar ao número 684 464 997.
- Enviar unha solicitude ao e-mail: bpillado.vg@accionlaboral.com
- acudir ás oficinas de Acción Laboral en Vigo: c/Serafín Avendaño, nº 18- Baixo
- ou cubrir este FORMULARIO DE INSCRICIÓN e darlle a enviar.
O prazo de inscrición remata o vindeiro martes 30 de xaneiro de 2024.