Teatro. Espectáculo infantil  " 4 monos"  da Compañía de teatro Tropa de trapo.

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Teatro

O Concello da Cañiza continúa coa súa programación de outono co espectáculo infantil "4 monos"  da Compañía de teatro Tropa de trapo.

SINOPSE 

Hai moitos anos, no Lonxano Oriente, naceu un símbolo que viña do poder para reprimir ao pobo : os Tres Monos Sabios. Un mono non oía o que pasaba ao seu redor. Outro non quería ver o que tiña diante. E o último calaba a boca para non dicir todo o que pensaba.

Nós dámoslle a volta. Os nosos monos van escoitar, ver e falar. Van pensar, van actuar… e van ser catro!

Catro monos, catro historias. 

  1. A auténtica historia do lagarto da saia da Carolina, que non era un, senón dous… e non se levaban moi ben. 
  2. O conto do monstro da Amazonía que destruía a selva e aterrorizaba aos demais animais. 
  3. A historia de catro mulleres que vivían nunha aldea e que conseguiron evitar que lles roubaran o seu peixe cantando e regueifando.
  4. E a tola historia dun mono que quixo pintar as nubes cun “spray” para que non houbese máis tormentas… e, sen querer, cambiou a vida do resto dos monos.

Catro contos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para rir, para reflexionar, para cantar e para soñar con outro mundo posible.

Entrada Gratuíta!

Horario

O domingo 20 de outubro de 2024, a partires das 17h no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza