A cargo da compañía SARABELA TEATRO.
Unha obra de XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN
con ADAPTACIÓN e DRAMATURXIA de: FERNANDO DACOSTA, ÁNXELES CUÑA BÓVEDA
Ficha artística
Elenco: Fernando Dacosta, Elena Seijo, Vadim Yukhnevich, Fran Lareu, Fernando González, Sabela Gago, Fina Calleja
Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda
Duración: 70 minutos
Público: Adulto
Tipo espectáculo: Adulto
Unha das obras fundamentais da literatura galega, unha suma de relatos que estremecen e fan reflexionar. Ou, se acaso, fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria e a grandeza de alma e de vida. Un microcosmos rural de marxe e de fronteira, construído cunha lingua, así mesmo, límite e nos lindes da realidade e da fantasía. ARRAIANOS é unha suma de relatos que nos fan estremecer. Historias de meigas, caciquismo, contrabando e agrarismo.
O sábado 26 de agosto, ás 21.30h no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza