TEATRO:«Os bolechas en familia visitan unha galería de arte»

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
programa FALAREDES de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Formación

DOMINGO 12 DE NOVEMBRO, ÁS 12.30 H

AUDITORIO DA CASA DE CULTURA

O Concello da Cañiza continúa coa súa programación de outono co espectáculo familiar:  Os bolechas en familia visitan unha galería de arte.

"Os Bolechas en familia visitan unha galería de arte" é a nova proposta dos Bolechas para o público infantil e familiar.

Un espectáculo de monicreques onde “Os Bolechas” visitan unha galería na que coñecen a un pintoresco personaxe e os seu cadros abstractos.

Os Bolechas non acaban de entender este tipo de arte, prefiren pintar cadros máis figurativos. Despois de moito pensar e coa axuda do público deciden debuxar sobre os seus antepasados (Bisavó e bisavoa, tataravó e tataravoa, familiares prehistóricos…)

Esta iniciativa enmárcase dentro do Falaredes, un programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

ENTRADA GRATUÍTA!