Cada día mantén abertos locais de doazón nas sete grandes cidades e despraza dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e analizadas nas dependencias centrais.
Deste xeito é posible enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano.
O seu obxectivo só é posible grazas á colaboración dos organismos públicos, concellos, medios de comunicación, centros docentes, empresas e asociacións de doantes.
Na situación actual, traballan cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e dos doadores de sangue.
Así mesmo, dispoñen dun teléfono de información gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón de sangue e tamén sobre a localización das unidades móbiles. (900100828)
Unha destas unidades móbiles desprazarase ata A Cañiza o 12 de NOVEMBRO de 2024 e estará ubicado FRONTE AO EDIFICIO GRAN SOL
TODOS NECESITAMOS DA TÚA COLABORACIÓN!