25N. O Concello presenta o seu «ABECEDARIO para o BO TRATO»

No marco do DÍA INTERNACIONAL da ELIMINACIÓN da VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O Concello dentro das accións que desenvolve para a erradicación da violencia contra as mulleres, este ano deseñou a campaña de sensibilización “ABECEDARIO PARA O BO TRATO», coa intención de visibilizar a necesidade de promover o bo trato no desenvolvemento persoal e social d@s nen@s como ferramenta preventiva de condutas baseadas na violencia en calquera das súas formas, neste caso facendo especial fincapé na violencia contra a muller.

O «Abecedario para o BO TRATO» é resultado dun traballo conxunto, promovido polo Concello e no que colaboraron o alumnado e o profesorado do CEIP de Valeixe e do CPI da Cañiza, que recolle todas as palabras que @s nen@s de infantil e de primaria destes dous centros educativos, idearon e elexiron para contribuir a crear unha sociedade máis tolerante, igualitaria e libre de violencia.

O «Abecedario» estará exposto na rúa Oriente do Concello en forma de círculos colgantes nas arboredas e tamén nos centros educativos de primaria.

 

A IGUALDADE: UNHA LABOR DE SENSIBILIZACIÓN CONTINUA.

Ademáis o Concello ven de colocar no centro da ESO da Cañiza, a «ESCALEIRA  DA IGUALDADE», unha iniciativa que se estreou xa o 18 de novembro de 2021 no CPI da Cañiza, en infantil e primaria e no mes de febreiro de 2022 no CEIP de Valeixe e que ten por obxectivo continuar coa labor de concienciación e promoción da igualdade, apostando para que sexa un tema trasversal en todas as accións municipais.

«A escaleira da igualdade» recolle tamén exemplos das mensaxes que como sociedade igualitaria debemos inculcar e ter presentes na educación das nosas nenas e nenos. Transmite os principios dunha sociedade tolerante, inclusiva e igualitaria e pretende servir de material de reflexión para todo o alumnado dos centros educativos e de material de traballo para o profesorado.  

Nesta ocasión recolle as propias mensaxes do alumnado a modo de reflexión e rexeitamento.

O Concello continuará traballando de cheo neste eido, poñendo especial atención na importancia da formación, da concienciación e da prevención dende a infancia, tanto dende o ámbito da familia como dende o contexto escolar.

​​​​​​​PROXECTO «VIOLETAS»

O Concello leva anos desenvolvendo o proxecto “VIOLETAS”. Un programa que traballa co alumnado dende a etapa de primaria a educación secundaria, e no que se abordan contidos como; a autoestima, a educación afectivo sexual, habilidades sociais para a resolución de conflitos, os estereotipos e roles de xénero , todo elo dirixido a promover no alumnado condutas baseadas no bo trato e na tolerancia no respecto. Cun obxectivo principal que é previr calquera forma de violencia, entre elas a de xénero.

O proxecto dará comezo, como todos os anos, no mes de xaneiro.

 

Logo Diputación de Pontevedra

​​​​​​​INSERCIÓN LABORAL

CONTRATAMOS A 2 MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO, A XORNADA COMPLETA DURANTE 12 MESES CUNHA AXUDA DA XUNTA DE 40.395,84€.

Ademáis, o Concello da Cañiza considera a inserción laboral unha ferramente prioritaria para a recuperación persoal e a promoción da autonomía das mulleres que se atopan nunha situación de vulnerabilidade, como vítimas da violencia de xénero.

Así, o pasado 1 de decembro o Concello contratou durante 12 meses e a xornada completa, a dúas mulleres ao abeiro das liñas de axuda da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para o fomento da contratación de mulleres que sufren violencia de xénero, no ámbito de colaboración coas entidades galegas, no marco do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero.

Centro de Información da Muller CIM

SI ERES VÍTIMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO E VIVES NA CAÑIZA OU NA CONTORNA, PODÉMOSTE  AXUDAR NO «CENTRO DE INFORMACIÓN DA MULLER» CIM COMARCAL DE PONTEAREAS.

O CIM é un servizo de información ás mulleres, dependente da Consellería da Muller, que proporciona con carácter permanente asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos, información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades aos grupos de mulleres que de forma colectiva o demanden.

Os seus principios de actuación son o anonimato, o respecto á vontade das vítimas e a gratuidade de todos os servizos que prestan.

Tel.: 986 64 46 53
cim@ponteareas
Horario: De luns a venres (agás festivos) de 9:00 a 15:00 horas

 

25N. O Concello presenta o seu  «ABECEDARIO para o BO TRATO»

 

25N. O Concello presenta o seu  «ABECEDARIO para o BO TRATO»

 

25N. O Concello presenta o seu  «ABECEDARIO para o BO TRATO»

 

25N. O Concello presenta o seu  «ABECEDARIO para o BO TRATO»

 

25N. O Concello presenta o seu  «ABECEDARIO para o BO TRATO»

 

25N. O Concello presenta o seu  «ABECEDARIO para o BO TRATO»