O Concello da Cañiza informa á veciñanza que, debido ás dificultades derivadas da suspensión da circulación ferroviaria no traxecto Vigo–A Coruña, que afecta ao transporte de residuos cara ao complexo de SOGAMA en Cerceda, continúan producíndose incidencias na recollida de lixo na Cañiza.
Aínda que se está avanzando na normalización progresiva do servizo, seguen existindo dificultades para o baleirado dos residuos nas plantas de Arbo e do Porriño, que non se atopan ao 100 % da súa operatividade.
O Alcalde, Luis Piña, comunicou esta mañá que as recollidas previstas na parroquia da Franqueira (correspondente ao martes) e na parroquia do Couto (correspondente ao mércores) non puideron realizarse, xa que o camión atópase completo tras efectuar esta mañá a recollida no casco urbano e na parroquia de Valeixe. Non é posible proceder ao baleirado nin en Arbo nin no Porriño ata mañá a primeira hora, sempre que a situación o permita.
Esta circunstancia pode supoñer alteracións puntuais no calendario habitual de recollida nalgunhas parroquias; non obstante, procederase á súa recollida mañá, sempre que se poida realizar o baleirado previsto a primeira hora.
Desde o Concello solicitamos a comprensión e colaboración da veciñanza ante esta situación excepcional, que está en vías de solución.
Seguiremos informando a través das canles oficiais.
Grazas pola súa paciencia e colaboración.