Calendario de renovación do DNI e Pasaporte previsto para marzo 2026

O Concello informa que o servizo móbil de renovación e expedición do DNI e pasaporte no rural, mediante o Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional, atenderá na Cañiza os días 3 e 11 de marzo.

Este servizo móbil permite a expedición e renovación do DNI e do pasaporte nunha soa xornada, cun tempo aproximado de tramitación de 10 a 15 minutos por persoa, evitando así desprazamentos a comisarías e reducindo os tempos de xestión. Ademais, o vehículo VIDOC conta cun punto portátil de actualización do DNI electrónico (DNIe), que permite actualizar certificados dixitais e cambiar a contrasinal asociada, seguindo as indicacións dos axentes.

Os calendarios de renovación do DNI iranse elaborando en función da demanda e das necesidades existentes, polo que, en canto o Concello sexa informado das datas correspondentes aos meses seguintes, estas comunicaranse por este mesmo medio.

As persoas interesadas deberán anotarse previamente nas oficinas xerais municipais, ben de maneira presencial ou telefónica, desde onde se lles comunicará o día e a hora asignados segundo a lista de espera existente. O Servizo atenderá unha media de 35 persoas por día.

Lémbrase tamén que as taxas vixentes son:

  • 12 euros para a renovación do DNI
  • 30 euros para o pasaporte