A CAÑIZA COLABORA COA ASOCIACIÓN CANCRO DE MAMA «ASCAM PILAR DOMINGO» DE PONTEAREAS

NA RECADACIÓN DE FONDOS PARA A LOITA CONTRA O CANCRO

Hoxe abrimos no Concello o peto solidario, en presenza do Alcalde Luis Piña, dunha representante da Asociación «ASCAM Pilar Domingo» de Ponteareas, Elvira Pérez e dos cañicenses Patricia Paramés e Edi Márquez, promotores e impulsores de varias accións solidarias para recadar fondos para esta asociación e responsables tamén de visibilizar as accións e apoios que ASCAM ofrece en Ponteareas.

Unha destas accións foi o desenvolvemento do «roteiro das promesas». Un reto de loita contra o cancro que consistiu nunha andaina solidaria con aportacións económicas a través dun peto que ademáis permaneceu durante varios días no Concello.

Esta mañá, despois de ter aberto o peto e contado o recadado, un total de 593,42€, Elvira Pérez recibiu da man de Luis Piña, Patricia Paramés e Edi Márquez esta cantidade que irá destinada sufragar as distintas accións e actividades promovidas por ASCAM de Ponteareas:

  • Campañas de subvencións de suxeitadores para próteses, panos e turbantes.
  • Desenvolvemento do programa “Cuerpo y Mente”que ofrece clases de ioa, pilates, talleres de meditación, relaxación e pranayama.
  • Programa “ao Teu Lado” que ofrece atención psicolóxica.
  • Programa “Sabores” baseado en atención nutricional
  • Ou o programa “Bonita”que consiste no préstamo de pelucas e asesoramento e coidado da propia imaxe.

O Alcalde felicitou á asociación pola súa inestimable axuda na loita contra esta enfermidade e aplaudiu e agradeceu a axuda, esforzo  e implicación de Patricia e Edito neste grande traballo e por suposto agradeceu as aportacións económicas dos nosos veciños para o Peto Solidario. Ademáis o Alcalde comprometeuse a continuar colaborando neste tipo de iniciativas en todo o posible non só para recadar fondos senon tamén para dar luz ás iniciativas que ofrece a Asociación.

Dende o Concello da Cañiza, e dende a Alcaldía, GRAZAS de novo a todos pola vosa implicación.