COMUNICADO OFICIAL: ADIAMENTO DO PROGRAMA DO ENTROIDO 2026

O Concello da Cañiza informa á veciñanza de que, tras consultar ás 14h do día de hoxe, 13 de febreiro, as principais páxinas meteorolóxicas, que anuncian a entrada dun novo fenómeno meteorolóxico adverso con abundantes precipitacións previstas para esta fin de semana, acordouse adiar a celebración das actividades principais do Entroido 2026 co fin de garantir a seguridade e o bo desenvolvemento dos actos.

Deste xeito:

  • O Concurso de Comparsas, previsto inicialmente para o domingo 15 de febreiro, adiase para o domingo 22 de febreiro, sempre que as condicións meteorolóxicas acompañen.
  • O Enterro do «Rexoubón», programado para o sábado 21 de febreiro, adiase para o sábado 28 de febreiro, tamén condicionado á evolución meteorolóxica.
  • A Festa Infantil mantense segundo o previsto para o luns 16 de febreiro, a partir das 17h, na Casa de Cultura da Cañiza, ao tratarse dunha actividade en espazo interior.

O Concello agradece a comprensión da veciñanza, das comparsas participantes e das persoas colaboradoras, lembrando que esta decisión responde exclusivamente a criterios de prudencia e responsabilidade ante as previsións meteorolóxicas.

 

 COMUNICADO OFICIAL:  ADIAMENTO DO PROGRAMA DO ENTROIDO 2026

 

 COMUNICADO OFICIAL:  ADIAMENTO DO PROGRAMA DO ENTROIDO 2026

 

 COMUNICADO OFICIAL:  ADIAMENTO DO PROGRAMA DO ENTROIDO 2026