Este luns inauguramos a exposición de pintura d@s alumn@s da Mestra EVA DOMÍNGUEZ

Unha mostra formada por 33 obras pictóricas creadas por Charo Alfe, Carmen Castillo, Patricia Araújo, Maripi, Estrella Vázquez, Maite Moreira, José Antonio Pereira, Leo Martínez, Loly Ludeña, Clara Parada, Rocío Domínguez e Horacio Piña. Todos eles alumn@s da Aula de Pintura da Mestra Eva Domínguez.

A exposición permanecerá aberta ata o venres 5 de agosto no 2º andar e antesala do Salón de Plenos da Casa Consistorial, en horario de 8h a 15h.

O Alcalde visitou onte esta nova mostra en compañía dos pintores e de Eva Domínguez. Luis Piña quixo felicitar a todos, profesorado e alumnado, polo traballo desenvolvido e animounos a continuar  disfrutando da man desta fermosa arte: a pintura.

Ademáis agradeceu, en nome de todos os cañicenses, a amabilidade de todos os membros deste Aula de Pintura por expor as súas obras nas instalacións municipais.