Este venres 24 de novembro clausuramos o curso de animación xerontolóxica

Unha importante formación de 20h que se desenvolveu durante os días 15,17,21,22 e 24 de novembro na Aula CEMIT da Casa de Cultura da Cañiza e na que participaron 20 alumnas e alumnos.

Un curso gratuíto, impartido en aulas os martes, mércores e venres en horario de 16 a 20h e que tiña por obxectivo principal aprender as técnicas de rehabilitación e de planificación de prioridades destinadas a mellorar a atención e o coidado da xente máis maiorO temario desta acción formativa estivo dividido en varios bloques comezando pola conceptualización da vellez, o enfoque deficitario do deterioro ao envellecemento activo e a importancia da actividade física no envellecemento.

Tamén se abordaron as características do proceso de envellecemento, tanto físicas como cognitivas e psicosociais e as principais enfermidades neurodexenerativas asociadas ao envellecemento.

Outra parte do temario incidiu sobre a planificación na animación xeriátrica e o concepto de ocio e tempo libre no envellecemento. O papel do animador xeriátrico e o xogo na terceira idade. Os exercicios físicos en persoas maiores nas que se estudaron as actividades físico-deportiva e exercicio físico en maiores, os programas físico-deportivos enfocados á terceira idade, os principios xerais para os programas de actividades físicas en persoas maiores,  pautas xerais para o deseño de sesións,  exercicios de resistencia e aeróbicos, de fortalecemento, de equilibrio, de estiramentos e flexibilidade e tamén de relaxación.

Nesta clausura o Alcalde agradeceu ao profesorado a súa implicación e aplaudiu e felicitou a todas as veciñas e veciños que elexiron formarse neste importante curso de axuda e preparación para os coidados e mellora da calidade de vida dos nosos maiores.