Hoxe entregamos os premios do 5º e último sorteo da campaña de activación e fidelización do comercio local "A confianza de sempre, agasállate este Nadal 2023/2024”

Esta mañá fixemos entrega dos quintos e últimos premios desta campaña que comezou o pasado decembro e que repartiu un total de  3.900 €uros en vales de compra.

78 números premiados e subvencionados cunha aportación de 3.000 € do Concello, 600 € da Asociación de Comerciantes da Cañiza e 300 € procedentes de 6 premios da campaña do ano 2022/23 que non foron recollidos.

Dende a Alcaldía lémbrase que todavía faltan por recoller varios premios desta anualidade, que estarán depositados nas oficinas xerais do Concello durante 3 meses. Os premiados deberán acreditar estar en posesión do número e do ticket de compra correspondente.

Dende o Concello, e coa colaboración da Asociación, continuaremos traballando para activar o noso comercio con novas accións e campañas promocionais.

Unha vez máis, noraboa a todos os premiados.