Hoxe inauguramos o programa «XUNTA-TI» PARA PERSOAS DE ORIXE ESTRANXEIRO E REFUXIADOS

Basado en actuacións de Servizos Sociais, Comunitarios e Inclusión Social, Emprego e Formación.

O Alcalde Luis Piña presentou esta mañá no Aula Cemit da Casa de Cultura este novo programa impartido por ACCIÓN LABORAL VIGO que acompañará aos participantes con orientacións individualizadas, intermediación e prospección empresarial, formación, prácticas non laborais en empresa e outras accións como seguemento das insercións.

Un completo programa financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta e cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia  2021-2027.