I CONCURSO DE MONDIORING ÉCAN 2024 NA CAÑIZA

  • Esta mañá o Alcalde Luis Piña e o presidente da Asociación Deportiva Canina ÉCAN, David Conde, presentaron o 1º campionato de Mondioring que se celebrará na Cañiza.
  • A proba disputarase o sábado 9 de marzo nas instalacións do campo de fútbol municipal no COUTO en horario de mañá, de 9h a 14h.
  • Acompañado de Olaya Guerrero, Tesoureira da Asociación,  David Conde explicou en qué consiste a especialidade «mondioring», considerada como o deporte canino máis esixente de todos os que pertencen á  Federación Cinológica Internacional.

O sábado 9 de marzo, a Asociación Deportiva Canina ÉCAN organiza por primeira vez na Cañiza, nas instalacións do campo municipal do Couto, unha proba de mondioring, enmarcada no calendario da Real Sociedad Canina de España como una proba clasificatoria para a Copa de España de mondioring  RSCE 2024.

Nesta 1ª competición están inscritos 8 binomios (guía + can) que veñen doutras zonas de Galicia, de Madrid e do País Vasco, os cales serán xulgados polo xuíz internacional Dominique Blanchard (Portugal).

Ademáis a proba contará como asistentes cos profesionais:

  • Jatsu Guaresti (País Vasco), Home Asistente categoría internacional e pertencente ao grupo de traballo Vinaroz.
  • David Ramos procedente de Madrid e Home Asistente categoría internacional, pertencente ao grupo de traballo Lupus Shadow.
  • e David Conde, Instructor- formador do grupo de traballo Écan e Home Asistente categoría club.

Todos eles terán o encargo de testar as habilidades dos cans nos exercicios de mordida. 

¿Qué é o mondioring?

O mondioring está considerado o deporte canino máis esixente dos que pertencen a FCI (Federación Cinológica Internacional). 

Nesta especialidade o can ten que afrontar una serie de exercicios de obediencia, saltos e mordida. O mondioring abrangue 3 graos de dificultade sendo o grao 1 o grao máis baixo e o grao 3 o máis elevado.

O máis chamativo deste deporte é que os cans teñen que traballar en ambientes totalmente descoñecidos (cada proba ten unha temática diferente) e  nesta competición a temática elexida xira sobre a película “UP” de Disney- Pixar.

 

I Concurso de Mondioring Écan na Cañiza.  9 de marzo de 9h a 14h no campo de fútbol de O Couto